martes, 12 de mayo de 2009

XIII CONGRESO DAS XSG


Se estes dous días intensos poden resumirse en poucas palabras, creo que as máis acertadas foron as do compañeiro Alberto: O CONGRESO DAS EMOCIÓNS.

Este Congreso, no ámbito persoal, dividiuse entre dous sentimentos afrontados:

Por unha banda, un sentimento inmenso de alegría nos diferentes nomeamentos: María, a nosa nova e flamante Secretaria Xeral, da que non dubido nin un só segundo de que o fará como só ela pode facelo: con traballo e constancia, porque así o demostrou ao longo de todos estes anos que leva traballando para as XSG, e cunha característica que considero fundamental para poder asumir este cargo: a HUMILDADE. E isto, a María, sóbralle.

Alegría e seguridade na súa xestión, porque detrás dela hai un equipo incríble cheo de persoas incribles. En primeiro lugar, Tamara, por suposto, co seu traballo de formiguiña que tamén demostrou en todo o seu tempo de militancia, e sobran as palabras a nivel persoal. E despois, xente que, ademais da súa sobrada validez política, son grandes persoas: Antonio, Kechu, Nacho, Julio, o noso Josede, Patricia, Aida... Un equipo cos que todos nos imos quedar (gracias a Vigo) MORTOOOSSSSS..... jjejeje.

Pero tamén un Congreso no que houbo tristeza, despedidas, rabia, indignación... Un Congreso en que dúas persoas especiais despedíronse (aínda que sempre estarán ahí): Silvia e Loli. Dúas persoas das que non podes facer outra cousa que aprender. Dúas persoas que fixeron que dende este fin de semana, as XSG quedaran un pouquiño máis tristes e baleiras.

E agora comeza unha nova etapa nas XSG. Unha nova etapa na que todos teñen cabida. E incluso, as persoas que non saben asumir a derrota e non coñecen a palabra "democracia".

Só espero, que a partir deste momento, as XSG sexan un conxunto de persoas que queran facer política, e que discutan as súas ideas nos lugares axeitados. Só deste xeito poderemos remar cara o mesmo lado.

Noraboa!!!

6 comentarios:

anareis dijo...

Estou fazendo uma campanha de doações para meu projeto da minibiblioteca comunitária e outras atividades para crianças e adolescentes da minha comunidade carente aqui no Rio de Janeiro,preciso da ajuda de todas as pessoas de bom coração,pode doar de 5,00 a 20,00. Doações no Banco do Brasil agencia 3082-1 conta 9.799-3 Que DEUS abençõe todos nos. Meu e-mail asilvareis10@gmail.com

María Torres dijo...

Ayyyyyyyyy Fani, por dios!!!!!Que me vas a hacer soltar el moco!!jajajaj

Me has dejado sin palabras pequeña!!Sólo decirte que estoy aqui para todo lo que necesites: para echarnos unas risas, para desahogarmos un poco,para tirarnos en el sofá a no hacer nada...jejej qué te voy a contar, eh!!!

Un besazo enorme pitufa y gracias por estar ahí!!!!!!!

Silmarwen dijo...

Me apunto a lo del sofá!

Gretel dijo...

Estefanía... Estefanía.... a todas las horas invertidas, a toda la energía canalizada... a tus manos tendidas hasta el infinito sólo podemos decirle... GRACIAS... pero un "gracias" desde la complicidad más absoluta.

Tú ganaste este congreso con cada palabra.

Silmarwen dijo...

Ahora la que suelta el moco soy yo!!!!

Loli Rodríguez dijo...

Por ser a amiga invisible de todos e cada un de nós.

Porque aínda sen estar estiveches.

Porque levas con orgullo a palabra democracia. Pero sobre todo porque a sintes.

Pola lealtade.

Por todo e máis. Gracias