
Tres días, nos que non paraba de coñecer xente nova... tres días nos que comezaba a sentirme vella con toda a tropa da "Xeración Y".
Temos a sorte de vivir estas escolas, e dende aquí animo a todos aqueles militantes que, por vergoña, porque non coñecen a ninguén, ou por excusa non queren vir.
Aquí faise de todo... temos tempo de aprender: esta vez tivemos tres talleres moi interesantes (e dende aquí darle a noraboa ao gran Fran, Carnota e María Torres, xa que asistín a eles por esa orde), e morrernos da envexa coa charla dos compañeiros catalanes. Pero por outra banda, a pesares da envexa, agradecín estar en Galicia, porque aquí con menos cartos (ou sin eles) fanse moitas cousas e se usa máis a imaxinación. (E aproveito tamén para dar a noraboa ao grupo que se reuniu para pensar nas ideas para a campaña)
Tamén temos tempo libre e de ocio... e ata aquí podo ler. Próximamente sairán fotos en todas estas redes sociais: blogs, fotologs, facebook, tuenti e demáis... nas que quedará patente que as XSG saben pasalo ben.
Ocio e formación a parte, para min as escolas serven para respirar de novo. Para ver que hai moitos xóvenes que pensan coma min, con moitas ganas de traballar. Xente que quere pensar, que quere debatir, que quere cambiar as cousas.
E agora, de regreso na miña cidade, volvo con ganas de traballar, sabendo que hai moita xente noutras agrupacións que estarán facendo o mesmo.
A todos vos, moitas gracias, e ata a próxima escola, que como dixo Isa Lema: é mellor que a anterior, pero peor que a seguinte....
6 comentarios:
Sisisisi, yo iría, cuando me dejen claro (mensaje con doble destinatario)jejejeje
1biQuiñ0!
**
el doble destinatario recoge el mensaje.
Cuando dejen de militar hombres en esya organización podrás ir a las escuelas, jejeje
Fani, me ha gustado la entrada.
Que ben o pasamos! E con eses ponentes non era para menos. Ata a próxima compañeira!
El autor ha eliminado esta entrada? Censura? Nunca lo creí de ti Fani.
Ah, e deixade ir á rapaza as escolas.
El que eliminó el comentario fue el que lo escribió, no yo, señor Antonio. Aquí no hay censura!!!
Publicar un comentario